Tuesday 14 de May de 2024

Rey destaca a valentía da mocidade empresaria na entrega do XX Premio Emprende Coruña de AJE


 

A alcaldesa acudiu á gala na que a asociación distinguiu os mozos e mozas con ideas máis renovadoras no sector

A alcaldesa participou esta tarde na XX gala do Premio Emprende Coruña, organizada por AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios), que tivo lugar na Finca Montesqueiro e na que destacou a necesidade de consolidar todas as boas ideas que xorden na provincia con galardóns como os que hoxe se entregaron: “Hai que premiar a valentía dos e das que dan pasos para adiante e cren no que fan porque só así avanzaremos como territorio que exporta produtos singulares”. Na súa intervención, a rexedora explicou que “temos que ser conscientes de que esas propostas necesitan que lles axudemos a que saúden nun ámbito empresarial concreto e a que se estabilicen e maduren”. Rey felicitou os gañadores e gañadoras que foron capaces de “facerse un sitio e ir máis alá do que xa existe”. Tamén agradeceu o labor de AJE “por facernos ver as demandas e necesidades dun colectivo que evoluciona e vaise adaptando aos tempos”.